domingo, 3 de octubre de 2010

QUE NON MORRA

Quero expresar o meu apoio ao equipo ciclista galego. O ataque que se está facendo aos ciclistas do Xacobeo Galicia e ao propio deporte me leva a lembrar ao que non hai moito se fixo cos toros en Cataluña. Non sei si ten carácter político. Non sei si é exclusivamente un tema económico (o que entendería). Cada quen que saque as súas conclusións, pero con situacións coma esta me imaxino que os deportistas senten como se lles está dando unha estocada mortal sin ter posibilidade de resposta, e isto si é inconcebible. Fagamos ben as cousas, por favor... pois unha sociedade só pode ser moderna si evoluciona, e aquí cada vez imos a peor.

Por outro lado, aterro con outra mala noticia. O GRUMIR de Boiro está a punto da desaparición forzada (según me contaron). Xa sei que os alcaldes da comarca están tentado a súa salvación, e cando eles non poden, coñecendo a súa competencia e poder, se ve que isto vai para adiante. En todo caso, considero preciso unha mellor comunicación do que sucede, porque non entendo nada. En todo caso, tamén para eles, que tanto me teñen axudado nos meus retos, o meu apoio incondicional... faltaría máis!

Paciencia... Isto se nos está indo das máns por tódolos frentes.

1 comentario:

Boirinho dijo...

A verdade é que entre unhas cousas e outras... Galicia vai cara atrás... menos mal que dentro de pouco chéganos o AVE e poderemos emigrar máis deprisa...